Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб DAVIDE SALVADO CONCERTO PARA PROGRAMA ESPECIAL DE ALALÁ (TVG) в хорошем качестве

DAVIDE SALVADO CONCERTO PARA PROGRAMA ESPECIAL DE ALALÁ (TVG) 8 лет назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



DAVIDE SALVADO CONCERTO PARA PROGRAMA ESPECIAL DE ALALÁ (TVG)

Davide Salvado interpreta algúns dos seus temas incluídos no seu último disco LOBOS que viu a luz o pasado 16 de Xuño. O 16 de Xuño chega LOBOS o novo disco de DAVIDE SALVADO, unha das voces máis carismáticas da World Music. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na busca de ritmos, coplas e danzas. LOBOS está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global. LOBOS, está producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), e colaboran músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros. Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de World Music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados de todo o mundo e xa comezou a súa carreira internacional con datas confirmadas en festivais e concertos de diferentes países. En febreiro de 2015 editou o disco RÚSTICA (Fol Música 2015), un proxecto compartido xunto a Cristina Pato, Ánxo Pintos e Roberto Comesaña. Spotify: https://open.spotify.com/album/46XR6v... iTunes:https://itunes.apple.com/es/album/lob... Deezer: http://www.deezer.com/album/10493294

Comments